PENSIÓNS DIGNAS PARA GALEGAS E GALEGOS

QUE VAI PASAR COAS NOSAS PENSIONS?

ACTO PENSIÓNS BNG OROSO
ACTO PENSIÓNS BNG OROSO

O xoves 12 de abril, o BNG de Oroso celebrou un acto informativo sobre o futuro das nosas pensións. O faladoiro, que tivo lugar no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro, no Concello de Oroso, contou coa presenza de Isabel Fernández, do BNG de Oroso, Anxo Louzao, ex secretario nacional da CIG ensino, e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galicia.​

QUE VAI PASAR COAS NOSAS PENSIONS?

Tras a presentación do acto, Isabel Fernández puxo de manifesto a importancia que ten para o BNG a defensa e o mantemento do sistema público de pensións, o cal debe ser unha prioridade e un dereito de toda a sociedade. Ante un concorrido auditorio animou a participar a todos os asistentes coas preguntas, comentarios e dubidas que puideran ter.​

WhatsApp Image 2018-04-12 at 20.19.59 (1)

Na mesma liña, Anxo Louzao indicou como as reformas aplicadas en 2011 (polo Goberno do PSOE, co apoio de CCOO e UGT) e en 2013 (polo Goberno do PP) introduciron recortes tremendamente regresivos dirixidos a dificultar o acceso as pensións públicas e a rebaixar as súas contías: atraso da idade de xubilación; aumento dos anos de cálculo para o cómputo da base reguladora; incremento do número de anos para cobrar a pensión completa; desligar as subas anuais do IPC oficial e a introdución do chamado factor de sustentabilidade, que se comezará a aplicar a partir de 2019.

Estas medidas provocaron unha importante perda de poder adquisitivo das e dos pensionistas e están ocasionando que as galegas e galegos que acceden agora á xubilación o fagan percibindo contías inferiores a quen accedeu en anos anteriores. Por iso, para a CIG non deixa de resultar rechamante que, organizacións que facilitaron a implantación destes recortes e día tras día reeditan a lacra do pacto social que nos está levando a que se consolide unha situación social sen saída, con total descaro corran agora a convocar protestas, cando tamén son causantes, xunto co PP e PSOE, destes ataques ás pensións. Para iso, convidou aos asistentes a participar nas manifestacións e concentracións que terán lugar o domingo 15 de abril, ao longo de toda Galiza.

WhatsApp Image 2018-04-12 at 20.22.44 (3)

Da mesma maneira, Montse Prado sinalou como case o 60% das pensións galegas están por debaixo do salario mínimo, sendo especialmente preocupante a situación das mulleres xa que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos está por baixo do limiar da pobreza. Ademais, moitas familias teñen nas pensións a súa única fonte de ingresos. Explicou como as propostas que o BNG propón queren corrixir esta situación. Neste senso, se considera que o debate das pensións vai moito máis alá de si a revalorización anual debe ser o IPC ou o 0.25%, con non ser indiferente esta cuestión, senón que é unha cuestión estrutural, entre manter un modelo de pensións públicas dignas, ou apostar por un modelo de privatización, de negocio para o capital financeiro. Para iso, proponse favorecer a creación de emprego de calidade como mellor vía para garantir ingresos que paguen as pensións, derrogar as reformas laborais, recuperar a idade de xubilación aos 65 anos, que o cómputo da pensión se realice en base aos 15 mellores anos da vida profesional dos e das traballadoras e establecer o importe da pensión mínima no equivalente ao 60% do salario medio.

WhatsApp Image 2018-04-12 at 20.28.21WhatsApp Image 2018-04-12 at 21.24.04