PENSIÓNS DIGNAS PARA GALEGAS E GALEGOS

QUE VAI PASAR COAS NOSAS PENSIONS?

QUE VAI PASAR COAS NOSAS PENSIÓNS?
QUE VAI PASAR COAS NOSAS PENSIÓNS?

Ante as decisións que está a adoptar o Goberno español sobre o actual sistema de pensións, o BNG de Oroso vai celebrar o próximo xoves 12 de abril, un acto informativo sobre o futuro das nosas pensións. O faladoiro, que terá lugar ás 20:00 horas no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro, contará coa participación de Isabel Fernández, do BNG de Oroso, Anxo Louzao, ex secretario nacional da CIG ensino, e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galicia.

QUE VAI PASAR COAS NOSAS PENSIONS?

As decisións que está a adoptar o Goberno español son especialmente mesquiñas na Galiza: temos as pensións máis baixas do Estado español (15 puntos por baixo da media estatal), unha maior porcentaxe de pensionistas en relación á nosa poboación, e as pensións son o único ingreso que entra en moitos fogares.

Neste senso, o próximo xoves 12 de abril, o BNG de Oroso vai celebrar un acto informativo sobre o futuro das nosas pensións. O faladoiro, que terá lugar ás 20:00 horas no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro, no Concello de Oroso, porá de manifesto como case o 60% das pensións galegas están por debaixo do salario mínimo, sendo especialmente preocupante a situación das mulleres xa que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos está por baixo do limiar da pobreza. Ademais, moitas familias teñen nas pensións a súa única fonte de ingresos.

Durante a charla na que intervirán Isabel Fernández, do BNG de Oroso, Anxo Louzao, ex secretario nacional da CIG ensino, e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galicia, se falará sobre o estado actual da pensións en Galicia, así como de propostas que o BNG propón para corrixir esta situación. Neste senso, se considera que un sistema público de pensións galego, solidario e con suficiencia financeira, é a única maneira de garantir unha pensión digna despois de toda unha vida de traballo.​

Acto PENSIÓNS 20180412