O BNG DE OROSO HOMENAXEA A MARÍA VICTORIA MORENO CON XOGOS E CONTACONTOS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

A FEIRA DAS LETRAS_REV5
A FEIRA DAS LETRAS_REV5

O próximo 16 de maio, na praza Isaac Díaz Pardo (Sigüeiro), ás 18:00 o BNG de Oroso vai celebrar un acto en homenaxe a María Victoria Moreno, a autora do Día das Letras Galegas do 2018. 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Ideamos unha proposta para os máis pequechos do noso concello, con xogos e obradoiro de confección de elementos mariños con papel, seguindo a arte xaponesa de pregado ou origami, aderezada coas narracións e relatos que María Victoria Moreno nos deixou no libro Mar adiante e con xogos na que a participación da rapazada será fundamental. Para elo contaremos co espectaculo de Xandobela, "Navengando entre papel e contos mar adiante", co que viaxeremos no noso propio “Arroás”, nun barquiño feito coas nosas mans para descubrir o que lle aconteceu á tripulación de tan especial escola: exploraremos a illa dos paxaros, coñeceremos o conto do lobo, a don Amodo e a historia do luceiro e Cravisca... ESPERÁMOSTE!!