O BNG de Oroso presenta seis mocións e varias preguntas no Pleno Municipal de maio

O BNG de Oroso presenta seis mocións e varias preguntas no Pleno Municipal de maio

O pleno do 30 de maio tiña, tal e como se ve na imaxe, como único punto da orde do día o traslado do pleno do 25 de xullo ao 24 de xullo ás 9:30 horas da mañá, en contra da proposta do BNG de trasladalo ás 19 horas do día 23.

O BNG de Oroso aproveitou este pleno para presentar as seguintes mocións:

  • Moción contra a LOMCE.
  • Moción contra as fumigacións masivas con herbicidas
  • Moción contra a reforma da lei do aborto.
  • Moción contra a nova Lei da Reforma Local.
  • Moción polo mantemento dos partidos xudiciais.
  • Moción polo mantemento dos xulgados de paz e da gratuidade dos rexistros civís.

Tamén se acorda, nunha moción presentada polo goberno, nomear ao antigo local do centro médico como "Centro Cívico".

Dentro do apartado de preguntas, o BNG trasladou as seguintes preguntas. Case todas elas son traslado de preguntas das veciñas e veciños de Oroso.

  •  Que pasou coa empresa de limpeza que prestaba os seus servizos no Concello? Quen asumiu a débeda coas traballadoras? Na nova adxudicación as traballadoras serán subrogadas? O alcalde só contesta a esta última pregunta dicindo que si, que serán subrogadas.
  • Trasladamos a preocupación dos veciños polos traballos que está a realizar Erimsa na zona de Piñeirón. Segundo o alcalde non son catas, son extraccións que xa leva facendo a mesma empresa máis de 25 anos e foron paralizadas por queixas dos veciños.
  • Teñen pensado acometer o final das beirarrúas que levan á Escola Infantil A Ulloa? Contesta o alcalde que se farán cando se poida. Suxerimos que mentres non se fan as beirarrúas se sinalice e delimite un espazo para os peóns.
  • Solicitamos continuar con medidas de aforro enerxético no alumeado nocturno.
  • Interesámonos polo estado calamitoso (para ser unha obra nova) do Cemiterio de Marzoa, trasladando unha petición dos veciños. O alcalde di que non é calamitoso e que non hai filtracións de auga. Recomendamos ver os seguinte documentos e xulgar por un ou unha mesma.

  1. Escrito sobre o estado do Cemiterio de Marzoa
  2. Estado actual, con fotografías, do "novo" Cemiterio de Marzoa
  3. Máis fotografías do estado do Cemiterio de Marzoa

  • Preguntamos pola situación, que comeza a ser preocupante, das fachadas do Fernando Casas Novoa. Contesta o Alcalde que está prevista a súa reparación.
  • Preocupámonos tamén polo estado das instalacións e do campo municipal de Oroso.
  • Enumeramos varios problemas que segue a sufrir a Urbanización de Porto Avieira.

  1. Remate da senda peonil. Cando se poida.
  2. Beirarrúas deterioradas. Que se fará.
  3. Fochancas na Rúa Celso Emilio Ferreiro. Posteriormente ao pleno as máis grandes foron parcheadas.
  4. Continuación mellor dito, reparación, dos badéns de Porto Avieira, para evitar un posíbel accidente, xa que as condutoras e/ou condutores invaden o carril contrario para esquivalos. Posteriormente ao pleno foron reparados.
  5. Iluminación da rúa María Casares. Que se fará.