O BNG VOLVE RECLAMAR A GRATUIDADE DA AP9

Autoestrada Galega e Gratuíta XA!!

A concelleira do BNG de Oroso, Isabel Fernández Gallego, participou nun acto reclamando que a autoestrada sexa galega e gratuíta.

Autoestrada Galega e Gratuíta XA!!

A concelleira do BNG de Oroso, Isabel Fernández Gallego, participou nun acto simbólico protagonizado por Ana Pontón e Néstor Rego que, montados nun tráiler, circularon dende o Polígono de Sabón na Coruña ata o Polígono da Sionlla en Compostela, para demandar que a autoestrada sexa de titularidade galega e gratuíta. No remate desta viaxe reivindicativa agardaban outros membros destacados do BNG entre os que se encontraba a nosa concelleira.