3. Olalla Marcote Suárez

3. Olalla Marcote Suárez

Olalla MarcoteEstas son as miñas primeiras eleccións. Non, non digo que sexa a primeira vez que me presento, senón que é a primeira vez que podo votar.

Pero non me conformo con iso: quero traballar para mellorar o noso concello e por iso me presento nas listas do BNG porque precisamos unha política que beneficie máis ás persoas.

Farei todo o posíbel para mellorar as ofertas de ocio para a xuventude que sempre será escoitada e terá a súa voz no concello.

Quero animarvos a participar na vida política do noso país: só se todas/os traballamos xuntos poderemos recuperar os dereitos que nos foron arrebatados.

Son militante de Galiza Nova, organización da mocidade do BNG, para tratar de conseguir todo isto.

https://youtu.be/Br9jsDHv-C0