1. Xosé Manuel Pérez Penas

1. Xosé Manuel Pérez Penas

Xosé Manuel Pérez PenasChámome Xosé Manuel Pérez Penas, e son o candidato a Alcaldía de Oroso pola candidatura do BNG asembleas abertas; teño cincuenta e sete anos, e levo vivindo en Oroso vintecinco anos.

No período de 2007 a 2011, fun o Tenente de Alcalde do Concello de Oroso, coa responsabilidade no Goberno de VIAS E OBRAS, SERVIZOS BÁSICOS E PERSOAL LABORAL.

Desde o 2011 até hoxe son o Portavoz do BNG, no Concello de Oroso.

Durante esta última lexislatura tentei, xunto coas miñas compañeiras e compañeiros do BNG facer unha oposición construtiva a un goberno que viviu de costas á veciñanza.

Creo ter desenvolvido no ámbito político e social unha labor positiva para este Concello.

Poño a vosa disposición a miña experiencia e boa vontade para que podidades confiar no BNG de Oroso.

O futuro e o progreso de Oroso depende de nos.

A lexislatura actual estivo marcada pola maioria absoluta do PSOE, na práctica, nunca fomos consultados o contrario do que se dixo na toma de posesión, de que se contaria coa oposición para toma de decisións importantes relacionadas co futuro do Concello.

Isto fai que as relacións entre oposición e goberno sexan moitas veces tirantes, ou que mesmo se nos acuse de non colaborar.

As actitudes á hora de gobernar teñen que ser diferentes, con máis transparencia, consenso e participación.

Cando calquera formación política propón un programa electoral, realmente é un compromiso cos cidadáns. O que se vota e o  proxecto, non cumplilo deberia bastar para revogar un goberno.

O futuro de Oroso pasa por facer unha política para persoas máis desfavorecidas e pedir empatía e solidariedade aos máis favorecidos.

Temos que falar menos, escoitar máis e resolver problemas graves para a sociedade. Non facelo é o que ocasiona desconfianza cara a política.

Temos que aceptar as críticas mantendo as formas. A liberdade de expresión é fundamental en todos os ámbitos.

Pido para a seguinte lexislatura máis democracia, que para min é, insisto: transparencia, participación, tolerancia e debate.