ACORDO ENTRE O BNG DE OROSO E O PSDEG-PSOE DE OROSO

Acordo programático para o goberno do Concello de Oroso

Nesta nova poderedes ver o acordo que se asinou para o goberno do noso Concello, esperamos que dentro de catro anos estea totalmente cumprido ou en vías de cumprimento.

Grazas de novo pola vosa confianza.

Acordo programático para o goberno do Concello de Oroso

ACORDO PROGRAMÁTICO
 

ÁREAS

INFRAESTRUTURAS E COMUNICACIÓN

  • Eliminar totalmente as barreiras arquitectónicas. 

  • Reconstruír a glorieta da praza da Foca en Sigüeiro.

  • Continuar coa preparación de sendas peonís en todas as parroquias (Marzoa, Baxoia, Bouzalonga…)

  • Reurbanizar a avenida da Grabanxa.

  • Instalar un parque cuberto.

  • Promover unha senda verde entre Santiago-Oroso-Tordoia-Ordes-Cerceda.

  • Construír unha nova Casa do Concello.

MEDIO AMBIENTE E LIMPEZA VIARIA

  • Promover, mediante campañas selectivas, a reciclaxe, a compostaxe e a separación de todo tipo de residuos sólidos urbanos.

  • Instalar puntos de compostaxe en diferentes lugares do concello.

  • Concienciar, mediante campañas, sobre a necesidade dun maior respecto polo medio tanto rural como urbano.

  • Mellorar o mantemento das sendas do Tambre .

  • Proceder á promoción paisaxística e do patrimonio cultural.

  • Demandar da Xunta de Galicia a recuperación e acondicionamento das marxes dos ríos na zona de dominio público.

URBANISMO

  • Rematar as modificacións que están en marcha do Plan Xeral de Ordenación Municipal, onde se ampliará o solo do núcleo rural ata onde a Lei do solo de Galiza o permita.

  • Elaborar un estudo pormenorizado do territorio para outras posibles modificacións ata onde a Lei do Solo de Galiza e as leis sectoriais o permitan.

  • Dar un novo impulso ao polígono San Martiño II de Oroso para atender a demanda de novas empresas, mediante o desenvolvemento en tres fases para que resulte máis sustentable economicamente.

MULLER, EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS

MULLERES

  • Incorporar cláusulas sociais na contratación pública, coa finalidade de favorecer a selección de empresas que destaquen por desenvolver unha política a prol da igualdade e a integración social.

  • Ampliar os servizos que favorezan a conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar.

  • Impulsar a creación dun centro de información á muller que dea servizo de atención e asesoramento legal, formativo e de promoción de emprego como base para unha política de igualdade.

  • Realizar unha abordaxe integral da violencia de xénero apoiando ás asociacións que traballan coas mulleres que son ou foron vítimas da violencia machista.

  • Promover foros de mulleres (Consello de mulleres, Consello das mulleres novas, Mesa de loita contra a violencia, Mulleres do rural…) así como o desenvolvemento do plan de igualdade.

EDUCACIÓN

  • Ampliar a escola infantil municipal.

  • Seguir mantendo e mellorando as escolas unitarias do medio rural para que as nenas/os teñan a escola preto do fogar.

  • Pór en marcha campañas de matriculación. Para promover que as nosas fillas e fillos poidan estudar no Concello crearase un sistema municipal de bolsas de estudo en todos os niveis educativos.

  • Loitar pola implantación de Bacharelato no IES de Oroso.

  • Solicitar que o CEIP Camiño Inglés conte con dúas liñas en todos os niveis educativos.

  • Reclamar a asunción do comedor do CEIP Camiño Inglés por parte da Consellería de Educación.

  • Manter reunións coa Delegación da Xunta para a ampliación do patio cuberto do CEIP de Sigüeiro.

  • Instar á Xunta de Galiza a cubrir un dos patios do IES de Oroso.

  • Crear o Consello Escolar Municipal.

  • Promover o cambio de denominación dos centros educativos por nomes de persoeiros destacados da cultura galega.

SERVIZOS SOCIAIS

  • Impulsar unha ordenanza de axudas de emerxencia social, de maneira que se poidan garantir a vivenda e a subministración de servizos básicos a todas as familias do municipio en risco de exclusión.

  • Implantar un Fondo social municipal de vivenda, integrado por pisos conveniados a través de rebaixas no imposto de bens inmóbeis con promotores ou bancos para fins de emerxencia social, aluguer social e emancipación da xente nova.

  • Establecer un plan integral para dar mellores servizos: xantar na casa, lavandería, coidadores para o servizo a domicilio, etc.

  • Levar a cabo a universalización do servizo de comedores escolares para o alumnado de familias en risco de exclusión. 

  • Seguir cos programas de conciliación familiar 

  • Promover un plan de prevención do xogo e de consumo de drogas.

  • Poñer en marcha campañas periódicas de información sobre transtornos da alimentación (bulimia, anorexia), a sexualidade (anticoncepción, prevención das ETS…), ou as múltiples dependencias (drogras, xogo, móbil...). 

  • Crear un programa municipal de ludoteca.

SANIDADE

  • Esixir a ampliación do horario de apertura do centro de saúde (pola tarde, urxencias de fin de semana).

  • Solicitar a praza de xinecoloxía e xeriatría e traballador/a social. 

CULTURA

  • Ampliar a biblioteca municipal.

  • Reformar o centro cultural Fernando de Casas e Novoa para convertelo en auditorio.

  • Construír un local para a escola de música e ensaios.

  • Potenciar nos eventos culturais a participación de grupos de música de diferentes estilos (Rock, folk...)

  • Continuar co apoio ao Psicotroita.

  • Apoiar as festas populares parroquiais.

  • Continuar coa celebración da Festa da troita.

  • Municipalizar a escola de música.

  • Dotar a biblioteca dun espazo de estudo as 24 horas, con apertura dun sistema de pegada dixital.

DEPORTE

  • Promover novos deportes. 

  • Potenciar o deporte feminino.

  • Acondicionar o polideportivo do CEIP Camiño Inglés para a súa utilización continuada.

  • Rematar o campo de fútbol de Oroso.

  • Mellorar o campo de fútbol de Deixebre (vestiarios e servizos sanitarios).

  • Cambiar o céspede do campo Lino Balado e cubrir a bancada.

  • Seguir promovendo a carreira pedestre.

  • Construír unha pista de mini hóckey.

  • Crear un parque calistenia.

XUVENTUDE

  • Apoiar as entidades xuvenís.

  • Crear a casa da mocidade onde se leve a cabo unha programación de actividades dirixidas a promover un ocio saudable.

TURISMO

  • Pór en valor as zonas recreativas.

  • Establecer un plan integral de recuperación do noso patrimonio histórico.

  • Promover o Camiño Inglés e dotalo de fontes.

  • Potenciar o Centro de Estudos do Camiño Inglés.

  • Recuperar as fontes e lavadoiros. 

  • Continuar coa celebración da Festa da troita.

MEDIO RURAL

  • Promover a agricultura ecolóxica apoiando e potenciando iniciativas no ámbito do rural que permitan o comercio de proximidade, coa celebración de mercados e feiras que impulsen a venda dos produtos autóctonos.

  • Rematar o ciclo da auga levándoa a todos os núcleos urbanos así como a rede de saneamento.

  • Construír estanques de auga nas parroquias para lavado de cisternas e para recarga en caso de incendio.

  • Instalar un servizo de Banda Ancha.

INDUSTRIA

  • Traballar para conseguir a gratuidade da AP9 de maneira que as nosas empresas sexan máis competitivas, impulsando deste xeito a actividade empresarial do concello.

  • Promover a instalación puntos de carga para vehículos eléctricos e híbridos.

COMERCIO E HOSTELERIA

  • Poñer en marcha cursos de orientación, promoción, formación e apoio ás propostas dos comerciantes.

  • Promover o asociacionismo na hostalería.

  • Apoiar as xornadas gastronómicas.

SERVICIOS ADMINISTRATIVO

  • Implementar un programa de eficiencia medioambiental e enerxético en todas as instalacións do concello.

EMPREGO

  • Asinar convenios coas empresas para as prácticas e formación da xuventude, unha vez rematada a súa formación académica.

  • Manter o axente de emprego local e crear un portal especializado na busca de emprego.

  • Demandar da Xunta de Galicia axudas para emprego xuvenil e os parados longa duración.

Acordo programático para o goberno do Concello de Oroso